Aproveitando o PDI do cole, estamos usando a arte para traballar lingua e mate. Hoxe resolvemos misterios matemático-lingüísticos e acabamos achegándonos a unha das obra de Van Gogh. #sextoreboreda, #pdiunanonomuseo, #udi, #aprenderfacendo
jueves, 20 de marzo de 2025
miércoles, 19 de marzo de 2025
OS CONTACONTOS DE SEXTO
En sexto levamos semanas traballando poesía e ocorreusenos contar contos poéticos para osmáis pequenos.
Quedan cousas por pulir así que volveremos ir contar próximamente. Seguide atentos! #sextoreboreda, #biblioblogreboreda, #poesiamiércoles, 12 de marzo de 2025
EXPOSICIÓN DE MAFALDA POLO DÍA DA MULLER
A comezos de novembro, a Conselleria de infancia do concello de Redondela e as @bibliotecas_de_redondela , propuxeron aos centros educativos da vila participar nunha iniciativa que aunaría a conmemoración do 60 aniversario de Mafalda e do Día internacional dos dereitos da infancia. A proposta era facer unha reinterpretación deste carismático personaxe e , xuntos , crear unha exposición colaborativa e itinerante que comenzaría a súa andadura no Multiusos de Redondela para despois continuar por todos os centros participantes.
No noso cole, o alumnado de terceiro ciclo foi o encargado de versionar a Mafalda cun toque artístico , inspirados polo noso proxecto de centro deste curso.A semana do 10 de marzo, un dos nosos corredores acolleu as láminas que rendían homenaxe a Mafalda . Obras que mantiñan a súa esencia e cunha mensaxe reivindicativa dos dereitos dos nenos e nenas.
#60aniversariodemafalda #díainternacionaldosdereitosdainfancia
lunes, 10 de marzo de 2025
8 DE MARZO
Grazas á concelleira Iria Vilaboa @concelloredondela por acompañarnos e polas explicacións.
viernes, 7 de marzo de 2025
miércoles, 5 de marzo de 2025
EUFEMISMOS E TABÚS
Despois de facer as nosas obras de arte con fraccións tocou poñelas á venda cun bo eslogan onde non podían faltar os eufemismos.
Sairon cousas moi interesantes! #sextoreboreda, #lingua, #pdiunanonomuseo, #udilunes, 3 de marzo de 2025
AULAS PARA PENSAR
Dende que volvemos de vacacións de Nadal estamos traballando dun xeito diferente a partir das ideas do libro Aulas para Pensar de Peter Liljeldalh.
Na práctica de hoxe cada grupo fixo o súa propia versión dos xirasois de Van Gogh usando fraccións. Partimos as follas segundo as indicacións dadas e creamos usando toda a fracción. As obras quedaron xeniais e totalmente diferentes a como tiña pensando cando deseñei a actividade. O mellor toda a riqueza de pensamiento, o xeito de buscar solucións e as sete obras artistas, tan diferentes, a partir das mesmas consignas.A profe Patri mais eu aprendemos moitísimo vendo pensar aos grupos e comprobamos que è posible pensar, solucionar problemas e ser creativos á vez. #sextoreboreda, #aulasparapensat, #pdiunanonomuseo, #aprenderfacendo, #creatividade, #mate, #udi, #xirasois, #vangogh
viernes, 21 de febrero de 2025
UNHA SEMANIÑA ENTEIRA
Esta semana mergullámonos de cheo no galego con “Unha Semaniña Enteira”, iniciativa promocionada polos institutos de Redondela.
Entre outras actividades, sacamos os libros en galego da biblioteca para que ocupasen un lugar destacado e animar ao alumnado a levalos para casa; gozamos dunha obra de teatro en galego que nos acercou á figura de Rosalía de Castro; en cada aula, demos vida á nosa lingua: descubrindo receitas, recollendo refráns e ditos populares, explorando o galego na arte, investigando os topónimos da nosa contorna, dándolle un pulo a palabras menos coñecidas,... todo este traballo quedou reflectido no Taboleiro do Galego, un mural cheo de creatividade e orgullo pola nosa lingua.
Ademais debatemos sobre que actividades nos axudan realmente a usar máis o galego no día a día.
Pequenos pasos para sementar un gran amor pola nosa lingua. Seguimos facendo do galego unha lingua viva!
#Unhasemaniñaenteira #Galegosempre #taboleirodogalego #ceipReboreda
lunes, 17 de febrero de 2025
viernes, 14 de febrero de 2025
CHARLA DO CONCELLO SOBRE COMPOSTAXE
O equipo da horta de sexto contactou fai uns días co concello para pedir un composteiro e formación sobre o tema. Respondéronnos ao momento e hoxe tivemos a Alba e Alberto contándonos un montón de cousas moi interesantes sobre a compostaxe. Pasámolo xenial.
Moitas grazas a medioambiente pola súa implicación. #sextoreboreda, #voznatura, #concelloderedondela, #aprenderfacendo, #horta, #compostmiércoles, 12 de febrero de 2025
OS ODS NO COLE DE REBOREDA
En sexto estamos traballando os ODS e unimolo co nosotros proxecto de @voznatura e co temario de sociais.
Levamos semanas limpando a Horta, contactamos co concello para recibir charlas de compostaxe, creamos grupos de expertos e agora queremos implicar ao resto do centro. A ver como nos vai. #sextoreboreda, #voznatura, #ODS, #aprenderfacendo- En sexto estamos traballando os ODS e unimolo co nosotros proxecto de @voznatura e co temario de sociais.
Levamos semanas limpando a Horta, contactamos co concello para recibir charlas de compostaxe, creamos grupos de expertos e agora queremos implicar ao resto do centro. A ver como nos vai. #sextoreboreda, #voznatura, #ODS, #aprenderfacendoVer traducción
- En sexto estamos traballando os ODS e unimolo co nosotros proxecto de @voznatura e co temario de sociais.
Levamos semanas limpando a Horta, contactamos co concello para recibir charlas de compostaxe, creamos grupos de expertos e agora queremos implicar ao resto do centro. A ver como nos vai. #sextoreboreda, #voznatura, #ODS, #aprenderfacendoVer traducción
- En sexto estamos traballando os ODS e unimolo co nosotros proxecto de @voznatura e co temario de sociais.
Levamos semanas limpando a Horta, contactamos co concello para recibir charlas de compostaxe, creamos grupos de expertos e agora queremos implicar ao resto do centro. A ver como nos vai. #sextoreboreda, #voznatura, #ODS, #aprenderfacendoVer traducción
martes, 11 de febrero de 2025
DÍA DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA
Hoxe tivemos a inmensa sorte de contar con Raquel Pérez, enxeñeira de Enerxía e Minas do CuVI e experta en combustión que viu ao noso centro da man do @concelloredondela para celebrar o Día da Muller e da nena na Ciencia.
Falamos de ciencia, de mulleres e adestramos unha IA. Máis completo non puido ser.Aprendemos moitísimo e pasámolo xenial. Grazas ao concello, a Iría que sempre nos ofrece actividades fantásticas e a Raquel por achegarnos tan ben a ciencia.
#sextoreboreda, #steam, #eme, #díadamulleredanenanaciencia, #concelloderedondela, #referentes