viernes, 31 de octubre de 2008

SOLUCIÓN ADIVIÑA 4

Para ver as solucións que cada un deu, tedes que ir onde está a adiviña e abrir os comentarios.

Solución adiviña 4: A letra "L"

primeira na Lúa
segunda en Plutón
na terra non hai
e a última no Sol

FIN DE SEMANA MICOLÓXICO

Estes cogomelos son de Ávila. Aproveitando o fin de semana micolóxico de Roberto cos seus avós de Ávila, os alumnos e alumnas de sexto na clase de coñecemento do medio estivemos coñecendo as súas características e clasificándoos. Destacan o Boletus Edulis, a Lepoita Procera, o Lactarius Deliciosus (Níscalo), champiñón e a Seta do Cardo. Vaia prato máis exquisito pois eran fresquísimos.

QUE MEDO!!!

Fai clic enriba do Trisquel para saber máis. Samaín e Halloween.
Dende o Departamento de Lingua Inglesa, "Trick or treat", ata o de Normalización, pasando polas titorías, cada cual ao seu xeito, todos pasamos medo hoxe.
As terroríficas cabazas que trouxeron os nenos e nenas, os contos arrepiantes que se contaron nas aulas, as tenebrosas maquillaxes, ...
En educación infantil coincidiu ademáis co venres que celebran os cumples do mes.

CHEGOU O SAMAÍN

Fixestes a vosa cabaza para esta noite?.
É a noite do Samaín. Antiga tradición Celta de culto aos ancestros. Onde comezaba o ano novo, pola estación oscura, coa apertura ao outro mundo.
Pois ide tomando nota.

Aquí tedes este vídeo coa canción de Mamá Cabra: "Samaín". Atopámolo no blog doutra Biblio, "O recanto do Mik", do Ceip Mestres Goldar de Vigo.


XORNADAS INTERCULTURAIS

Dende o Concello de Redondela, concellería de servizos sociais, ofertáronnos unhas xornadas integradoras enfocadas ao coñecemento das distintas culturas e sos seus integrantes.
A través de xogos e outras actividades, os alumnos de Sexto curso, tiveron a posibilidade de traballar ao redor do compañeirismo, traballo en grupo, resolución de conflictos, coñecemento dos propios gustos e inquietudes, coñecemento de todas as culturas,... co colectivo "Imaxina".


martes, 28 de octubre de 2008

AGUSTIN FERNÁNDEZ PAZ

PREMIO NACIONAL DE LITERATURA INFANTIL E XUVENIL 2008
"O único que queda é o amor"
Agustín Fernández Paz foi premiado a nivel nacional, por unha obra en galego. Moi boa ten que ser!!. Nós aínda non lemos o libro, pero polo que din, é un libro de relatos sobre o amor e todas as súas variantes.

Seguro que algúns recordades títulos como: A cidade dos desexos, As flores radiactivas, Trece anos de Branca, No corazón do bosque, A serea da illa negra, A escola de piratas, Fantasmas no corredor, O raio veloz, ... e moitos outros que tanto nos gustaron.


A nosa enhoraboa a Agustín Fernández Paz.

lunes, 27 de octubre de 2008

REVISTAS NA BIBLIO




Seguro que todos coñecedes a revista "Reportero Doc".


Na nosa Biblio, temos un expositor adicado as revistas, e esta é unha das que alí temos.


Saen incribles reportaxes de animais

E moitos outros, adicados a deportes, a receitas de cociña, á natureza, a culturas doutros paises, experimentos,







Tiras cómicas moi divertidas, ...








Cando queirades podedes entrar a velas.

ADIVIÑA 4

Adiviña 4
"Na Lúa son a primeira
a segunda en Plutón
na Terra non se me atopa
e son a última no Sol".

viernes, 24 de octubre de 2008

SOLUCIÓN ADIVIÑA 3

"O SOL"
Non era tan difícil, non??

Andivemos un pouco despistados desta vez. Bueno, algúns.
Que foi o que tanto vos despistou??.....
Seguide atentos, o luns máis.

HOXE CELEBRAMOS

Si, hoxe día 24 de Outubro celebramos o Día das Bibliotecas Escolares:
  • Contacontos para Educación Infantil e Primeiro Ciclo de Primaria.
  • Lectura do conto: "León de Biblioteca", un fermoso álbum ilustrado de Michelle Knudsen. Cunha marabillosa historia sobre un león na Biblioteca.
  • Agasaio do Marcapáxinas de Margarida a todo o que entrou na Biblioteca.
  • Álbum de cromos e primeiro lote de cromos da campaña "Hora de ler: Leo porque me peta", para o primeiro e segundo ciclos de Primaria.
  • E a colaboración de todos os nenos e nenas do cole dicíndonos cal é o seu libro favorito.



jueves, 23 de octubre de 2008

DÍA INTERNACIONAL DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Mañá venres 24 de outubro celébrase o Día Internacional das Bibliotecas Escolares. No noso Centro tamén.

Polo de agora estamos a facer un pequeno mural co nome dos contos ou libros que máis nos gustaron ao longo da nosa vida; E outro cos dereitos do lector que o escritor Daniel Pennac deu a coñecer no seu libro "Como una novela".

Para mañá,...

algunha que outra sorpresa máis, sobre todo para os máis pequenos.

Ata mañá!!!!

lunes, 20 de octubre de 2008

ADIVIÑA 3

Recordade que o plazo para poñer a resposta no Blog é de 5 días. De Luns a Venres.
ADIVIÑA 3
Din que son rei e non teño reino,
din que son loiro e non teño pelo,
din que ando e non me meneo,
arranxo reloxos sin ser reloxeiro.
Quen son?

viernes, 17 de octubre de 2008

II ENCONTROS BIBLIOTECAS ESCOLARES

"Bibliotecas para ler e aprender", baixo este lema estanse a celebrar este fin de semana, 17 e 18 de Outubro, os segundos encontros de Bibliotecas Escolares de Galicia. E aquí estamos, formándonos, lendo e aprendendo, para chegar o luns ao cole con máis novas, máis propostas,... e máis entusiasmo se cabe.

Ademais das experiencias de moitas Bibliotecas Escolares Galegas, temos poñentes da categoría de Isabel Solé, José García Guerrero, Antonio Basanta,... referentes todos eles no mundo dos Libros, as Bibliotecas e a Lectura.

SOLUCIÓN ADIVIÑA 2

"AS ESTRELAS"

miércoles, 15 de octubre de 2008

QUEREMOS UN PLANETA LIMPO

Chuvia ácida, aire contaminado, animais que se extinguen, efecto invernadero, non hai capa de ozono, augas contaminadas, exceso de lixo,...
Pero que planeta nos vai quedar???
Queremos facer algo, queremos loitar por este, o noso planeta Terra.
Hoxe, como primeiro xesto, decidimos sair todos ao patio a recoller o lixo, que ás veces sen darnos conta, deixamos por todas partes. Pero, a partir de xa, damos comezo a unha campaña de recollida selectiva de lixo en todas as aulas.
Ademais, vamos facer unha recollida de Lemas, slogans, ... frases que nos axuden a darnos conta do necesario que é reciclar, reutilizar, consumir só o necesario,...
Todos, nenos e nenas, mestres e mestras.
Todos participamos.
Coidar o noso planeta é tarefa de todos!!!

sábado, 11 de octubre de 2008

CONCURSO ADIVIÑAS 2

A ver se acertades esta???

Adiviña 2

"Moitas lampariñas

moi ben colgadiñas

sempre acendidas

e ninguén as atiza"

EMPRÉSTITO RECREOS

Esta semana que acaba de rematar demos comezo ao préstamo nos recreos. Da gusto ver entrar aos rapaces e rapazas en busca dese libro, desa historia marabillosa que todos buscamos cando entramos na Biblioteca. Pero, e ver como os "Bibliotecarios", (esos alumnos e alumnas de 5º e 6º cursos, que colaboran nos traballos bibliotecarios) atenden aos máis pequenos, colocan os libros, len contos, fan fichas, realizan o empréstito,...???
Realmente todos, uns e outros, estaban moi impacientes por poder entrar xa na Biblio. Tivemos moito traballo, moito movemento, moitas visitas, moitos préstamos,... O certo é que o espazo (xa o pasado ano) quédasenos pequeno.

SOLUCIÓN ADIVIÑA 1

Que ben!, case todos acertastes. Era moi faciliña?, ou é que sodes moi listos?...
Si, a solución é "o Libro".
Pero, recordade que esta próxima semana, os comentarios (as solucións), non se van poder ver ata o venres.
Agora intentade resolver o puzzle, no que tamén están intentando averiguar a solución á nosa adiviña. Para que as pezas se movan facede clic enriba.
Bó fin de semana!

jueves, 9 de octubre de 2008

TEMPO DE LECER

Dende o Equipo de Normalización Lingüística do Centro e coa colaboración dos nenos e nenas de sexto e os equipos de biblioteca e Tic´s, estamos a desenvolver un novo espazo na rede: Tempo de Lecer.
Vai ser este un espazo onde despois de buscar, investigar,... o alumnado de sexto organizado en equipos vainos facer suxerencias de actividades para os fins de semana de cada mes. Estas suxerencias van a ir dende, cine, teatro, ... ata saídas a múseos, á natureza do entorno,... e máis.

Todo esto exporase, por un lado, nun recuncho do taboleiro de anuncios da entrada principal ao Centro, e por outro, no blog creado, para que sexan os propios alumn@s os que escriban esas suxerencias na rede, e todos estemos informados a través de internet.


Para chegar á páxina:

domingo, 5 de octubre de 2008

CONCURSO DE ADIVIÑAS

Como xa sabedes, hoxe luns día 6 de outubro, comezamos un concurso de adiviñas que se vai desenvolver durante todo o primeiro trimestre. Para os que andades un pouco despistados, recórdobos que as adiviñas aparecen os luns e teñen unha duración de 5 días, de luns a venres, en que podedes contestar neste blog.
Animádevos e participade.
Ahí vai a primeira, e por ser a primeira ben faciliña.
Adiviña 1:
"Teño follas e non son árbore,
fáloche e non teño voz,
se me abres eu non grito,
adiviña quen son."

viernes, 3 de octubre de 2008

PRIMEIRA VISITA

Esta semana tódalas aulas de Primaria visitaron por primeira vez a Biblio. Acompañados pola bibliotecaria e o seu titor/a recordaron: como funcionaba a Biblioteca; os recunchos e as distintas seccións; as normas que hai que seguir; como se manipulan os libros; como se organiza o préstamo, tanto cos titores, como nos recreos; levaron para clase o seu horario, o seu carné de lectores e lectoras, un documento de como facer comentarios no blog; ...
Ademais souberon das distintas actividades que vamos realizar durante o curso: A Olimpiada de Margarida, experimentos científicos, contacontos, teatro, concurso de adiviñas, ...
O certo e que prestaron moita atención. Estaban impacientes por levar libros para casa e por vir á Biblio nos recreos.
Nos vemos o luns!!!!

jueves, 2 de octubre de 2008

LECTURA SILENCIOSA 2

Bueno, bueno, bueno,... Unha imaxe vale máis que mil palabras.
O tempo de lectura silenciosa é para todos...
Incluso para o noso fontaneiro.

PROGRAMA LECTURA SILENCIOSA

Todo listo para empezar.
Hoxe xoves 2 de outubro vamos comezar un programa de lectura silenciosa, que se levará a cabo os xoves e venres de cada semana.
E que é eso da Lectura Silenciosa?
Moi sinxelo, un momento no que todos/as lemos en silencio. Dende o cole queremos darlle unha especial relevancia á lectura, por eso ao vir do recreo vamos a adicar 15-20 minutiños a ler en silencio. Todo o Centro, todo o alumnado, e todo o profesorado.
Xa vos contaremos como sae a experiencia.