sábado, 13 de junio de 2009

CONTO VIAXEIRO 2009

Un ano máis os nosos nenos e nenas de Educación Infantil, coas súas titoras á cabeza, participaron dun conto viaxeiro "Contamos contod@s" que elaboran entre varios Centros das zonas de Redondela, Vigo e Moaña: EEI A Guía, EEI Palencia, CEIP Eduardo Pondal, CEIP Igrexa Chapela, EEI O Con, CEIP de Balaídos e CEIP Santo Paio de Abaixo (Nós).
Este ano non houbo conto formato papel como o ano pasado, pero, deixáronnos un CD con todos esos contos marabillosos que fixeron.


Grazas a todos e todas!


Se queredes velos, está na Biblio!!
A que non sabedes de que trata o conto de Reboreda??

No hay comentarios: