sábado, 4 de julio de 2009

REVISTA "GALIMATÍAS"


Gústanvos os cómics?

Aínda que esta recomendación vai dirixida a un público un pouco máis maior, 16-18 anos, ao mellor a algún, nestos días de verán, resúltalle interesante.

A editorial compostelá El Patito presentou o día 3 de abril a súa nova revista de cómic, "Galimatías". A publicación conta co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, a través do seu programa Bocaberta, e distribúese de maneira gratuíta con EL CORREO GALLEGO para toda Galicia.

No primeiro número de Galimatías preséntanse dúas series, Amor inmortal, de Fran Bueno, con guión de Jay Faerber, que narra a historia dun detective de policía e a súa moza, que se converte en vampiro; e Terragótica, unha idea orixinal de Fausto, que é guionista e colorista, con debuxos de Macaco, que conta a aventura de dous adolescentes que intercambian as súas vidas en mundos paralelos, o noso e outro fantástico que se coñece como Terragótica.

No hay comentarios: