miércoles, 23 de septiembre de 2009

MIRANDO AO CEO

Co gallo da celebración do Ano Internacional da Astronomía 2009, as Bibliotecas Municipais de Redondela, en colaboración coa Agrupación Astronómica Rías Baixas de Vigo, organizan unha observación pública das estrelas. Será no parque do Piñeiral do Crego, en Chapela, o vindeiro Venres 25 de Setembro, ás 22:00 h.
Seguro que resulta interesante ver e coñecer máis de preto os planetas, constelacións, astros,... en compañía de veciños, amigos e familia.

No hay comentarios: