viernes, 27 de noviembre de 2009

VISITA AO ALCAMPO

Traballando ao redor dos alimentos e a súa elaboración, os nenos e nenas de 2º, 3º e 4º curso, visitaron o Alcampo de Vigo. E como en outras ocasións tivemos uns reporteiros de luxo:
FERNANDO:
Ensináronnos a froitería e coñecemos un montón de froitas exóticas: chiles, coco, piña, kiwi, granada, phishalis, limas, ... Vimos como se facía o pan coas máquinas. Necesítase sal, fariña, auga e levadura. Cando todo está amasado, métense ao forno a cocer e logo a vender.
RAQUEL:
Vimos como separan o lixo, o cartón, o plástico e a máquina que os aplasta. Dixéronnos como se diferenciaba o peixe blanco do peixe azul, pola cola. E como na carnicería traballaban cun guante e un delantal de aceiro. Para rematar a mañá fomos á cafetería e déronnos un "croissant", uns caramelos, globos, unha carteira, e un selo.

No hay comentarios: