martes, 8 de junio de 2010

PROXECTO "O MILLO"

Nesta semana recibiremos a visita das profesoras dos colexios de Asturias, León e Cataluña que participaron con nós no "Proxecto de Agrupaciónes Escolares". Un dos obxectivos do proxecto é dar a coñecer o entorno no que vivimos a nenos e nenas doutras parte de España.
Os nenos e nenas de 3º A quixemos facer unha pequena aportación cun proxecto sobre o millo. Un cultivo, que a pesar de que xa non ten a importancia económica de antaño, moitas familias continúan a sementalo nestes primeiros días de xuño, para ser logo utilizado principalmente como alimento para os animais.
Preguntando ás familias, buscando información en libros e internet e observando as propias plantas, as espigas, as barbelas, os follatos….. fixemos este traballo.
Este é o resultado.
Quedou chulo, non si?
(fai clic enriba da imaxe para ver a pantalla completa)



E estes somos nós, durante o proceso.




Terceiro A

2 comentarios:

alex f dijo...

Alex F hace un comentario:
Me gustó mucho el libro. ha valido la pena el esfuerzo hecho. Y gracias a la profe Amparo por publicarlo.

Yasmine dijo...

Fixemos moitas cousas sobre o millo este curso.E tamen descubrimos as comidas que levan millo