jueves, 23 de septiembre de 2010

A NOSA PROPIA BIBLIO

A lectura é case sempre un momento íntimo, que podemos ou non compartir cos outros, é sucede moitas veces que non atopamos, o lugar e o tempo, axeitado onde levalo a cabo.
Que debemos ter en conta á hora de diseñar a nosa Biblio, na nosa casa?
  • Debemos elixir o lugar con moito coidado: Luminoso, de fácil acceso.
  • Podemos diseñar e redistribuir a nosa propia habitación asignando un espazo a tal función.
  • Non debemos mezclar coa zona de xogar.
  • Debemos organizar os libros de forma que logo nos sexan fáciles de localizar: por temas, xénero,... nós decidimos.
  • Elixir sempre libros pola súa calidade, mellor poucos e bos, que moitos e malos.
  • Acordes sempre á nosa idade.
  • Podemos facer unha selección atendendo aos nosos gustos sen deixar de lado outras posibilidades.
Como é a vosa Biblioteca particular?
Tedes un espazo voso, onde vos sentides transportados aos maravillosos mundos que compartimos coas nosas lecturas?
Contádenos!!
Mandádenos fotos das vosas biblios?
O certo é que cando entramos de cheo nun libro, logo, o lugar xa nos da igual, e o tempo nunca é suficiente. Pero, para comezar,...
Para máis información consultade o "Laboratorio de Lectura", da FGSR.

No hay comentarios: