jueves, 4 de noviembre de 2010

OBRADOIRO DE ARTE NA BIBLIO MUNICIPAL

Chéganos esto dende a Biblioteca de Redondela.
Atentos todos aos que lles guste o debuxo, a arte, ...
Olá a todos!
O vindeiro Xoves 11 de Novembro, ás 18:30 h., teremos un obradoiro de achegamento á arte da Vangarda, para
rapaces e rapazas de entre 6 e 12 anos.
Para participar é preciso que vos inscribades na biblioteca. Podedes facelo presencialmente ou a través do teléfono ou do correo electrónico.
O día da actividade teredes que traer:
- Unha fotografía da vosa cara, en tamaño folio ou cuartilla; ou unha fotocopia en branco e negro.
- Lápices e cores que queirades empregar.
Máis información en:
http://bibliotecasredondela.blogspot.com/2010/10/un-dia-con-picasso-obradoiro-de.html
Agardamos que sexa do voso interese. Un saúdo e graciñas por dalo a coñecer.
Mª José Villar

No hay comentarios: