lunes, 31 de mayo de 2010

O MUNDO EN XOGO 3

SINEFOS e os seus profes O ALUMNADO DE SEXTO

VÍDEO SEXTO A e OS SÍNEFOS (visita o seu blog e le as súas impresións)

VÍDEO 6B e OS SÍNEFOS (visita o seu blog)

jueves, 27 de mayo de 2010

O MUNDO EN XOGO 2

OS ALUMNOS E ALUMNAS DE SEXTO COS VINCIS


VÍDEO 6A e OS VINCIS (para ver máis visitade aquí o blog de pequesreboreda)

VÍDEO 6B e OS VINCIS (Pequesreboreda)

No blog de Pequesreboreda podedes ver tamén os seus comentarios á actividade que realizaron.

miércoles, 26 de mayo de 2010

O MUNDO EN XOGOS 1

Comezou na clase de Informática tentando aunar Proxecto de Interculturalidade e área de Educación Física, e o que nun principio ía ser un traballo de aula para coñecer e poñer en práctica esos xogos, acabou sendo unha experiencia compartida fantástica.

CHAMÁNS E SEXTO A



CHAMÁNS E SEXTO B

lunes, 24 de mayo de 2010

AS VIAXES DE MARGARIDA

Fantástico Diego! Eres un gran investigador!
Si, Diego descubriu que Margarida andaba por Inglaterra, Stonehenge en concreto, ese lugar tan cheo de lendas e misterio. Moi ben!
Pero, estamos chegando xa ao final das nosas viaxes.
Saberedes por onde andaba Margarida nesta outra viaxe

sábado, 22 de mayo de 2010

XOGOS NAS LETRAS GALEGAS

Con este día de Sol, quen non o ía pasar ben?
Como colofón a esta intensa semana das Letras no día de hoxe:
Comezamos a mañá coas curtas de "A lingua animada": Alistán o demo oveiro, A escola das areas, ... Gustaron tanto que, por se queredes volver velas, as tedes na barra lateral, nos recursos para as Letras Galegas, si, onde está a bolboreta.
Para continuar cos xogos: Tíralle á chave, pasa a auga, cabes no aro?, e levades a pataca?, que rule a escoba, coidado onde te sentas, sota, non cabalo, ou rei, encesta, acerta, .... E veña xogar toda a mañá. Como sempre, a ANPA no habituallamento, menos mal!

viernes, 21 de mayo de 2010

CONCERTO DIDÁCTICO

O mércores da Semana das Letras Galegas tivemos un concerto didáctico no que vimos como a interculturalidade está presente tamén na nosa música popular. Algúns instrumentos dos que nos parece que sempre foron de aquí, teñen a súa orixe en outros instrumentos de culturas lonxanas no tempo e no espazo. Vimos e escoitamos catro deles: O VIOLÍN, O ACORDEÓN, O CLARINETE e O SAXOFÓN.
O violín foi un dos instrumentos elixidos por algúns cegos para acompañarse cando cantaban e contaban polas feiras romances, relatos de crimes, vodas, as novas de outras aldeas...
O acordeón, clarinete e saxofón sumáronse á gaita e á percusión formando CHARANGAS que gostaban de tocar todos os ritmos de moda, algún chegados de fóra como a RUMBA, a POLCA, a MAZURCA, o FOXTROT...
Contamos coa colaboración de:

Suso (avó de Pablo e Dani Martínez Couñago), que tocou o clarinete.
Manuel tocou o saxofón
Jaime tocou o acordeón
Ailén tocou o violín e logo a caixa
Vanessa tocou o bombo con prato
As profes Loli e Isabel tocaron a gaita coa CHARANGA.


Os nenos de 5º A investigaron as características e orixe destes catro instrumentos e tamén fixeron de presentadores no concerto. Decatámonos de que acollendo estes instrumentos, a nosa música enriqueceuse e non perdemos por iso a nosa identidade. Pensamos que entón podemos, sen medo, abrirnos a todas as culturas do universo... Sempre será para medrar.


RECEITAS DE OUTONO

O NOSO AGRADECEMENTO A TODAS AS FAMILIAS QUE COLABORARON COAS SÚAS APORTACIÓNS ÁS RECEITAS QUE NUTREN ESTE LIBRIÑO.

MOITAS GRAZAS!

Equipo de Dinamización e Normalización Lingüística

jueves, 20 de mayo de 2010

ENTREVISTA FINA CASALDERREY 4

ENTREVISTA FINA CASALDERREY 3

ATENTOS PORQUE HOXE MESMO VEREDES O ÚLTIMO!

POEMAS CON FORMA

Dende o CPI Progreso de Catoira chégannos estos versos con formas:

miércoles, 19 de mayo de 2010

ENTREVISTA FINA CASALDERREY 2

TEMPO DE ELEXÍA

A través do Ies Poeta Díaz Castro Guitiriz coñecemos este vídeo.

martes, 18 de mayo de 2010

ENTREVISTA FINA CASALDERREY

Durante a visita da autora Fina Casalderrey os nenos e nenas de Sexto Curso aproveitaron para facerlle unhas preguntiñas, para logo incluilas na revista "Bolboreta". Como toda a entrevista non era posible plasmala na revista, aproveitamos a gravación para que escoitedes de primeira man as súas palabras.
Non perdades detalle, escoitar a esta muller non ten desperdicio. Foi todo un placer!

Nos próximos días seguiremos mostrando o resto da entrevista.

AS NOSAS LETRAS GALEGAS

PROGRAMA ACTIVIDADES
CEIP SANTO PAIO DE ABAIXO
Martes 18
  • 9:00 h.- Colocación de bandeiras e canto do himno galego.
  • Entrega da revista "Bolboreta"
Mércores 19
  • Concerto didáctico: "Interculturalidade na música popular galega" (Salón de actos). Faranse dous pases de 40 minutos aprox. (11:45h- EI e 1º Ciclo; 12:30-2º e 3º ciclos).
Xoves 20
  • Saída didáctica a Santiago 3º ciclo "O tren da Lingua"
Venres 21
  • Visionado das curtametraxes "A lingua Animada", por ciclos. Con presentación do libriño "Receitas de Outono"
  • Xornada de Xogos populares.
Outras Actividades:
  • Xogo de preguntas e respostas sobre as Letras Galegas para o alumnado do 1º Ciclo.
  • Exposición na entrada da Biblio de libros de Uxío Novoneyra e as Letras Galegas.
  • Exposición dos traballos das aulas ao redor de Uxío Novoneyra (entrada Biblio): Poemas ilustrados, contos ilustrados,...
  • Exposición Interculturalidade
LEMBRADE QUE ATOPAREDES MOITOS RECURSOS PARA TRABALLAR ESTA DATA E O AUTOR HOMENAXEADO NO ENLACE DA BARRA LATERAL
"RECURSOS LETRAS GALEGAS"

FOLLARASCA

Dende as Bibliotecas do Ies Pedra da Aguía e do Ies de Fene chéganos esta "follarasca".


lunes, 17 de mayo de 2010

ORGULLOSOS DO NOSO

viernes, 14 de mayo de 2010

ENTREVISTA A UXÍO NOVONEYRA

Do que nos acabamos de enterar!
Unha entrevista inédita a Uxío Novoneyra realizada polas alumnas do Instituto femInino de Lugo no ano 1985. Chega a nós a través do Ies de Foz e o profesor Ramón Reimude.
Deixámosvos un dos vídeos, para ver os demáis visitade o blog da Biblio do Ies de Foz.

jueves, 13 de mayo de 2010

LETRAS GALEGAS 2010

MAIO
LETRAS GALEGAS 2010
UXÍO NOVONEYRA
PROGRAMACIÓN NO CONCELLO DE REDONDELA
(Visitade a súa páxina)

martes, 11 de mayo de 2010

MANZANEDA

1º DÍA: Desastroso. Chove. No autobús pasámolo ben, aínda que nos mareamos un pouco. Discoteca ben, todos uns bailaríns. A xente que ía vestida de branco brillaba na escuridade. Á hora de ir para a cama un escándalo.
2ºDÍA: Madrugamos. Segue a chover. Pero, aínda así tivemos varias actividades: Karts (algún que outro accidentado) tiro con arco (seguimos todos vivos) e despois comemos. Como seguía chovendo fomos ao club a xogar ao pinpon e ás cartas. E como seguía chovendo fomos ao pavillón, a prácticar varios deportes. Logo merendamos e fomos para a piscina, que tiña a auga moi quentiña. Pero, seguía a chover, fixemos algo de tempo ata a hora da cea e logo á discoteca, onde bailamos e xogamos coas monitoras e outros coles. Ao cerrar a discoteca fómonos para os bungalos a intentar dormir....
3ºDÍA: Chegou o día de marchar!, Que rápido pasan os días cando un o pasa ben!. Erguémonos cedo, aínda que o que máis e o que menos non queriamos levantarnos. Despois do almorzo montamos a cabalo, e si, o tempo non estaba bo, así que tivemos que usar impermeables. Algúns tiñan medo e non querían montar. O tempo empeorou e fomos ao club a xogar unha liguilla de pinpon. Mentras estabamos alí comezou a nevar, moi pouquiño, non chegaba ao chan. Ao terminar a liguilla, fomos á piscina ata a hora de comer.
Despois da comida o tempo mellorou e puidemos facer a última actividade ao aire libre, o rocódromo. Fixemos "travesía" en lugar de "escalada", porque estaba mollado, e aínda que a "travesía" é lateral, é máis complicado que ascender.
Sobre as catro e media o autobús estaba esperando por nós para voltar. Cargamos as maletas e regresamos. E aquí estamos, outra vez.
ALUMNOS E ALUMNAS DE SEXTO


O ANO QUE VEN, MÁIS!!
GRAZAS AOS MEMBROS DA ANPA QUE ACEPTAN VIR CON NÓS!

lunes, 10 de mayo de 2010

AS VIAXES DE MARGARIDA


Coñecedes este enigmático lugar?

viernes, 7 de mayo de 2010

MESES EN CUNA

Recordades que Pimpé estivo por Colombia?
Queredes aprender algo máis da lingua e cultura Cuna?

ENERO -YOLANII - MES DEL SOL
FEBRERO - ARINII - MES DE LA IGUANA
MARZO - DILLANII - MES EN QUE FLORECE EL ÁRBOL DE LA DILLA
ABRIL - OLLORNII - MES EN QUE CANTAN LAS CIGARRAS
MAYO - YAUKNII - MES DE LA TORTUGA DE CAREY
JUNIO - MASARNII - MES DE LA CAÑA BLANCA
JULIO - BUNURNII - MES DEL BUNUR, PLANTA MEDICINAL
AGOSTO - GIGNII - MES DE LAS GOLONDRINAS
SEPTIEMBRE - APINII - MES DE LA APIN, PLANTA MEDICINAL
OCTUBRE - GUIBLONII - MES EN QUE PASAN LOS GAVILANES
NOVIEMBRE - INANII - MES DE LA MEDICINA
DICIEMBRE - BARDUDNII - MES DE LA FLOR DE SAL, PLANTA MEDICINAL

XUNTANZA BIBLIOTECARIA

As coordinadoras das Bibliotecas Escolares e Municipais de Redondela vimos de reunirnos e falar para comezar xuntos un novo camiño.
Unha tarde chea de esperanzas, na fermosa Biblio do Ceip Alexandre Bóveda, que veremos comezar a materializarse no comezo do próximo curso.
No día de onte=Moita ilusión

lunes, 3 de mayo de 2010

NÓS TAMÉN RECOMENDAMOS

A editorial "Libros del zorro rojo", está a editar uns libros moi interesantes con contos e lendas de diferentes culturas:

"Luna y Lucero del Alba" (Lenda africana)
"La niña del día y la noche" (Conto de Venezuela)

E claro nós que estamos a traballar sobre "Interculturalidade" vennos de perlas.

Pero, tamén desta editorial chegou ás nosas mans un libro incrible, que por algo foi galardonado: "El Libro Negro de los Colores", Onde Tomás que non pode ver as cores, nos di en miles de sabores, olores, sons e emocións o que son para el. Ten ademáis o texto en Braille.
Tamén podedes visitar as nosas recomendacións no recuncho "Club de Lectura"

sábado, 1 de mayo de 2010

XOGOS ASOCIACIÓN SOCIOPEDAGÓXICA GALEGA

A Asociación Sociopedagóxica Galega (AS-PG) amplia a súa oferta de xogos educativos na rede co Catapalabras, un xogo no que poden participar de dous a catro xogadores que consiste basicamente en que cada quen escriba palabras que encaixen en certas categorías elixidas ao azar (froitas, animais etc.) e que comecen por unha letra determinada obtida tamén aleatoriamente a través dun dado de 20 caras.
O obxectivo é conseguir a puntuación máis elevada posible, que dependerá da cantidade de palabras correctas que se escriban e do número de persoas que escriban a mesma palabra, xa que as palabras repetidas non puntúan.
Este xogo vense sumar ao Trivial, ao Letrad@s e ao xogo da Curuxa, todos eles cun alto índice de aceptación e participación, e pretende contribuír a galeguización dun espazo vital, o do lecer e o xogo, que na actualidade sofre unha importante carencia de posibilidades pensadas desde Galiza.