martes, 12 de abril de 2011

XIII edición Concurso de Narrativa "Da Reboraina"

Onte, 11 de abril, o noso Centro estivo de celebración: presentamos a edición especial da novela de D. Ramón Otero Pedrayo "O señorito da Reboraina", organizada polo propio colexio e coa colaboración das comunidades de montes de Ventosela e Reboreda e diversas entidades veciñais, municipais e ANPA, editada por Galaxia.

O acto comezou coa presentación do dito texto a cargo do director do Centro, Manuel Núñez Lamas, seguidamente fíxose público o fallo do xurado do XIII Concurso de Narrativa "Da Reboraina" (os gañadores xa os podedes ver neste mesmo blog), continuamos cunha proxección na que se recollen imaxes das parroquias de Reboreda e Ventosela e relacionadas co "Señorito da Reboraina"; despois tivemos o pracer de escoitar ao escritor e director da editorial Galaxia, Víctor Freixanes e, para rematar este acto festivo, que mellor que facelo con música: escoitamos unhas pezas a cargo do grupo da profesora do colexio, Isabel Mouzo acompañada de Paco, Ailén e Chuco.

Foi unha emotiva xornada que lembraremos por moito tempo e para iso aquí podedes ver algunhas imaxes do acto.

No hay comentarios: