martes, 1 de mayo de 2012

CONTACONTOS POR UN DÍA

Despois dun longo ano traballando ao redor dos contos, os maiores da escola queren agasallarnos cunhas interesantes sesións de contacontos nas clases dos máis pequenos. Nesta ocasión Pablo Amor, presentounos o conto: "Gato Guille e os monstros". Os exploradores xa coñecían este famoso conto pero estiveron moi atentos a esta diferente narración do conto. E como isto nos soubo a pouco Pablo quixo voltar a contalo pero agora coa axuda da PDI que temos na clase, porque nos estamos acostumados a velos case sempre na pantalla grande. Parabéns Pablo!!! Fixéchelo moi, moi ben!!!

3 comentarios:

Pablo dijo...

Estivo moi divertido.

eva6ºA dijo...

estaba moi ben . gustoume moito

As cousas da clase dijo...

Pola voso traballo e dedicación, recibide este premio:
http://ascousasdaclase.blogspot.com.es/2012/05/premios-entre-blogs.html
Saúdos,
Geni