lunes, 26 de noviembre de 2012

UNHA VISITA MOI SILENCIOSA

O pasado venres 23 de novembro visitounos Camilo, un chico xordo que traballa para a Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAPXG).

Para os máis pequenos contou dous contos moi divertidos en Lingua de Señas e practicaron signos de animais como león, mono, can…



Logo chegaron os maiores aos que lles explicou como era a vida cotiá dunha persoa xorda, é dicir, como fan para desenvolverse sen maiores problemas aínda que non escoiten nada. Así, amosounos algúns dos dispositivos cos que contan coma os timbres con luz, os vídeoteléfonos…
Camilo veu acompañado de Iago o seu intérprete e grazas a el entendimos todo o que nos dixo e tamén lle puidemos facer preguntas .




A verdade é que foi moi interesante xa que moitos de nós descoñeciamos como é ese mundo das persoas xordas e ademais non todos os días podemos ver a unha delas comunicándose con nós en Lingua de Señas a través dun intérprete.
Comprendimos que non hai límites para a comunicación, nin sequera a xordeira. Só temos que ter interese e estar abertos a diferentes formas de comunicarnos e de seguro que nos entenderemos con tod@s independentemente das súas características ou dificultades.

viernes, 23 de noviembre de 2012

DÍA DA IGUALDADE DE XÉNERO

Con motivo da celebración do Día da Igualdade de Xénero podedes ver este pequeno vídeo.
Dá moito que pensar!




Tamén Sofía Freire de 6ºA propuxo unha adiviña ou enigma moi interesante:

 Un pai vai en moto levando con el ao seu fillo de 10 anos. Circulan moi rápido nunha noite de brétema. A moto derrapa. O pai morre e o fillo queda moi malferido. Unha ambulancia lévao ao hospital máis próximo. Teñen que operalo inmediatamente.

Avisan ao cirurxián de garda, quen, ao entrar no quirófano e ver ao neno di: "Non o podo operar; é o meu fillo".

  A ver se atopades a solución!

domingo, 4 de noviembre de 2012

OLLOS DE AULA


AQUÍ VOS DEIXAMOS O NÚMERO 1 (MES DE OUTUBRO) E NÚMERO 2 (MES DE NOVEMBRO) DA REVISTA OLLOS DE AULA. 
CADA MES SERÁ PUBLICADA PARA QUE TODAS AS FAMILIAS, ALUMNADO E PROFESORADO DISPOÑADES DELA. PREME EN CADA UNHA DAS PORTADAS PARA VELAS.