miércoles, 30 de abril de 2014

MARGARIDA VISITA II

Margarida volveu da súa viaxe, está vez foi da man dos nenos e nenas do segundo ciclo. Estivo en Chapela, Trasmañó, Vilar de Infesta e Cabeiro. Non volo perdades!

sábado, 26 de abril de 2014

DÍA DO LIBRO NO COLE DE REBOREDA 23-4-14

Este ano tivemos unha celebración moi especial polo día do libro. Comezamos a mañá cunha pequena homenaxe aos grandes escritores españois, do mundo e, como non, de Galicia e de Redondela. Foi un acto sinxelo pero moi especial. Na hora de ler, quixemos facer unha lectura diferente e nuns espazos diferentes, polo que sacamos os libros aos corredores e todos xuntos gozamos dunha sesión lectora moi particular.
Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Create a digital slideshow

lunes, 14 de abril de 2014

COCIÑANDO CONTOS NO SALÓN DO LIBRO DE PONTEVEDRA

Os peques de Reboreda asistiron entusiasmados ao salón do libro de Pontevedra. Visitaron as instalación e xogaron coas palabras, inventaron historias de cociña e ata deixaron viaxar a imaxinación por diferentes cociñas, a través dos traballos realizados por moitos coles de Pontevedra. Pasámolo xenial e como remate asistimos ao contacontos de “A pota que trota”.
Agora vos deixamos imaxes deses bonitos momentos, estade atentos ás cariñas dos sapiens e dos cocoricos A porque estaban para comelos!!!

E así foi a sesión de contacontos...