miércoles, 30 de noviembre de 2016

TEDES ATA O VENRES

Ola amigos, o prazo do concurso Coñecendo a orixe finaliza pero algúns comentarios non chegaron así  que vos imos dar unhas indicacións de coma facer comentarios e tedes de prazo ata este venres para volver tentalo. Se tedes algún problema pedide axuda ao equipo da biblioteca.
NON VOS DESPISTEDES!!

Para facer un comentario debemos ir a parte final do artigo onde pon comentarios:

Clicades e aparece o seguinte menú:
Tedes que darlle a barra lateral ata o final para poder facer un comentario novo:
Unha vez que o teñades escrito ides a "Elegir identidade", clicades onde pon Nome, poñedes o nome do voso equipo e dádeslle a publicar
 Se está ben feito porá, "comentario pendiente de moderación". Se non vos aparece isto volvédelle dar porque o comentario non entrou.

ESPERAMOS AS VOSAS RESPOSTAS.

lunes, 28 de noviembre de 2016

Obradoiro de escrita expresiva

A escrita expresiva é unha ferramenta catártica. Favorece a conexión con un mesmo, a expresión e regulación das emocións. Aporta claridade, e a través das súas técnicas aparecen aquelas cousas que precisan que lles prestemos atención. É un tipo de escrita que non precisa agradar a ninguén, ralentiza e focaliza  a atención.
Na biblio estamos a facer obradoiros os dous primeiros venres de cada mes.
Animádevos!!! Ides coñecer máis cousas marabillosas de vós...

jueves, 24 de noviembre de 2016

COÑECENDO A ORIXE DE...

Comezamos este concurso co superheroe de todos os tempos, sen dúbida ningunha trátase de Superman.
 Foi creado polo escritor estadounidense Jerry Siegel e polo artista canadense Joe Shuster en 1933. Superman foi vendido a DC COMICS e publicouse por primeira vez en 1938 en Action Comics. O seu éxito foi tal que convertiuse no heroe máis seguido nos comics estadounidense, apareceu en seriais de radio, televisión, películas...
KAL-EI é un bebe que vén do planeta Krypton. Planeta que vai ser destruído e os seus pais, que son científicos, envÍano nunha nave espacial a terra para salvalo. 
A nave cae a terra  nunha granxa de Smalville, en Kansas, alí viven Martha e Jonathan Kent, que adoptan ao neno e coidano. Chámanlle Clark Kent, e incúlcanlle un estricto código moral. 
De mozo comeza a amosar os seus superpoderes. 
Ao rematar os seus estudos comeza a traballar no Daily Planet de Metrópolis coma un tímido periodista. Alí coñecerá a Lois Lane da que se namorara. 
Superman ou tamén chamado o Home de Aceiro, leva un traxe azul con capa vermella e unha insignia no peito cun S. Ten supervisión, oído de alta frecuencia, unha forza sobrehumana, pode voar... Pero é intolerante a kryptonita. Un metal do seu planeta que o debilita e anula todos os seus poderes.
Podedes saber máis de superman en:
E aquí Superman animado. É unha serie antiga pero tamén está ben ver coma eran os debuxos de antes!
Estade atentos, lede ben e respondede con tino.
AS RESPOSTAS FARÁNSE NO APARTADO DE COMENTARIOS POÑENDO O NOME DO EQUIPO. TEDES ATA O PRÓXIMO MÉRCORES DÍA 1 DE DECEMBRO, NON VOS DESPISTEDES!!!  O XOVES SACAREMOS A PUNTUACIÓN E O VENRES 2 DE DECEMBRO NOVA PREGUNTA
Aquí tedes a pregunta desta semana (5 puntos)

1. CAL É O VERDADEIRO NOME DE SUPERMAN?  

E agora o reto (entre 1 e 10 puntos)

A kriptonita é un metal do planeta krypton que anula todos os poderes de Superman.

ATREVÉDESVOS A CREAR KRYPTONITA? 

Para superar este reto tedes que pensar como poderiades facer kryptonita, que vos fai falla e cal sería o proceso para facela. Cando o teñades decidido podedes experimentar e ver o que vos sae. 
Unha vez que xa teñades as ideas claras debedes facer un comentario contándonos os materiais que necesitamos e cal é o proceso.
É difícil? Que va!! De seguro que se vos ocorren ideas fantásticas pero por se necesitades inspiración aquí vos deixo unha idea (non vale copiala!!)

Buscamos que sexades orixinais e nos sorprendades. As máis orixinais, divertidas e que se parezan máis ao que pedimos levarán máis puntos e ademais no segundo trimestre poderedes levalas a cabo na biblio para o resto dos vosos compañeiros.

VEÑA AMOSÁDENOS DE QUE SODES CAPACES!!!

martes, 22 de noviembre de 2016

XA TEDES EQUIPO? O VENRES COMEZAMOS

AQUÍ TEDES OS QUE XA ESTÁN ANOTADOS

miércoles, 16 de noviembre de 2016

INICIAMOS CONCURSO NO BLOG: "COÑECENDO A ORIXE"







INICIAMOS CONCURSO 

QUE NECESITAS PARA CONCURSAR?
Forma un equipo como mínimo de 2 amigos e coma máximo de 4. Os teus compañeiros non poden ser da túa aula.
Unha vez que teñas o equipo tedes que poñervos un nome e inscribirvos na biblioteca durante a próxima semana. O prazo remata o vindeiro xoves.
Unha vez que teñades o equipo estade atentos porque o venres 23 lanzaremos a primeira proba. 

COMO VAI SER O CONCURSO?
Aparecerá un artigo que se titula "Coñecendo a orixe de..." e nese artigo cada semana falarase dun superheroe ou dunha superheroina. Tedes que lelo e responder as dúas preguntas a través dos comentarios do blog.
Os comentarios faranse visibles ao final da semana.
A puntuación das preguntas será: pola primeira 5 puntos pola segunda os puntos irán de 1 a 10 dependendo da orixinalidade da vosa resposta.
  
OS PREMIOS 
O equipo que teña máis puntos recibirá un agasallo no festival de inverno e ademais no segundo trimestre poderá preparar un taller na biblio para amosar os seus coñecementos.

ANIMÁDEVOS E PARTICIPADE. CONTAMOS  CON TODOS!!!