domingo, 29 de enero de 2017

"COCORICO", POLA CONTACONTOS DE 5º-A, CARLA

Carla achegouse a clase dos choquetes para contarlles unha fermosa historia moi coñecida por estes expertos buscadores de historias, "Cocorico". Levaba moitos días ensaiando e preparando cunhas axudantas moi especiais uns pequenos agasallos para os peques. Fixeron uns marcapáxinas moi fermosos de recordo do conto. Pasámolo moi ben e gustounos moito escoitar o conto na voz de Carla. Parabéns Carla!!! Os choquetes xa están ansiosos por recibir a un novo contador de historias (pequeno, grande ou... moi grande!). Animádevos que vos estamos esperando!!!

No hay comentarios: