martes, 8 de mayo de 2018

FEIRA STEMLAB GALICIA

O pasado 20 de abril fomos convidados a participar na primeira feira STEM de Galicia. Unha feira que pretende ser un referente a nivel nacional onde se recollen as iniciativas relacionadas coas aprendizaxes STEM no ámbito educativo. Foi un día moi intenso onde presentamos os nosos traballos a miles de estudantes que pasaron polo noso stand, así coma a mestres, inspectores, autoridades, familias e, incluso, tivemos a sorte de poder ensinarlle os nosos traballos a Pedro Duque. Un día intenso e cheo de emocións onde, ademais de expor, tamén puidemos visitar a feira e ver o traballo de outros 17 centros educativos de Galicia así coma de empresas e centros que se adican a desenvolver técnicas STEM relacionadas co ámbito educativo. Pasámolo moi ben e, unha vez máis, aprendemos de xeito directo e participativo, compartindo con demais o noso xeito de facer. 

NORABOA A TODOS OS RAPACES QUE, UNHA VEZ MÁIS, O FIXERON XENIAL!!! ORGULLO DE ALUMN@S. SODES FANTÁSTICOS! 

miércoles, 2 de mayo de 2018

CALIGRAMAS

Os luns temos taller de escritura.
 Aproveitamos estes talleres para aprender a mellorar o noso xeito de expresarnos e, de paso, traballar con diferentes técnicas e formas de expresión. 
Levamos dúas semanas traballando poesía,  coma é  un pouco máis complicado fixémolo dun xeito lúdico, creando caligramas.
 E sairon cousas moi interesantes!!
 

lunes, 30 de abril de 2018

FINALISTAS EN GALICIENCIA

O equipo formado por Alba S, Alba P e María conseguiron colarse no desafío final de Galiciencia que terá lugar o vindeiro día 11 de maio.

NORABOA RAPAZAS
Quero felicitar tamén ao resto dos equipos que fixeron un gran traballo. Noraboa a todos.
 Ter un equipo da nosa aula no desafío final é un victoria de todos. Non o esquezades.
Aquí tedes os tres vídeos que lle deron o premio a ALBAMAS

DESAFÍO 1: O PRONÓSTICO DO TEMPO
 

DESAFÍO 2: QUE SABEN DO CAMBIO CLIMÁTICO OS QUE ME RODEAN
 DESAFÍO 3: UN ANUNCIO SOBRE O CAMBIO CLIMÁTICO

jueves, 26 de abril de 2018

PARLAMENTO E RÍA BAROSA

O día 17 de abril de 2018 fixemos unha excursión ao Parlamento de Galicia. Chegamos ao colexio ás 8.45 e saimos en autobús ás 9:07. Chegamos ao edificio da Xunta de Galicia ásS 10.57, despois de merendar nun centro comercial. Chegamos ao Pazo do Hórreo ás 12.30 da mañá e alí visitamos moitas salas pero a que máis me gustou foi o hemiciclo e a sala de comisións. Tamén me gustaron outras coma o salón dos reis. Explicáronnos moitas cousas e tamén vimos algúns vídeos, visitamos as bibliotecas (unha pequena e outra grande) Antes de entrar ao hemiciclo fomos a sala dos pasos perdidos que é a sala onde durante os plenos os deputados poden usala para descansar. Está decorada coas imaxes de todos os homenaxeados no Día das Letras Galegas.  
 Fomos comer a alameda de Santiago onde xogamos mentres as profes tomaban uns cafés e, por último, fomos facer a ruta dos muíños do río Barosa, en Barro. Hai moitos muíños que visitamos coa profe Vero. O paseo mellorou moito grazas as explicacións que fixo a profe Luisa. Despois merendamos e xogamos durante un bo anaco.

BRAIS 5º B

martes, 24 de abril de 2018

SALÓN DO LIBRO DE PONTEVEDRA

O pasado luns 23, día do libro, os alumnos e alumnas de 1º, 2º e 3º fomos a Pontevedra. Alí visitamos a Illa das Esculturas e o Salón do libro, este ano baixo o lema mulleres de conto, con especial adicación á cultura mexicana e á figura de María Victoria Moreno, homenaxeada das letras galegas 2018.

Foi unha grande saída na que puidemos desfrutar da paisaxe de Pontevedra e do achegamento á cultura.

VISITAMOS A PRAIA DE CESANTES

Despois dun mes buscando un día sen chuvia para poder ir a praia e poder comprobar "in situ" todo o traballado na aula, por fin chegou o día. A chuvia deunos unha tregua e aproveitamos para ir a Cesantes. Fixemos a visita acompañados por Marcelo de Faia, Educación Medioambiental. Comezamo a visita no porto e, andando pola praia, fomos observando, falando e aprendendo máis cousas sobre as algas e a súa importancia no ecosistema, os moluscos, as aves, algúns animais mariños coma as babosas de mar, a composición da area, as dunas... 
Foi unha visita moi instructiva!!!

lunes, 2 de abril de 2018

VISITAMOS O MUSEO DO MAR DE VIGO

O día 23 de marzo, os alumnos e as alumnas de primeiro e de segundo de educación primaria visitamos o museo do mar de Vigo. Unha vez alí fixemos a actividade de Jason o tiburón, na que investgamos e aprendemos sobre os tiburón e as raias.




martes, 20 de marzo de 2018

ACTIVIDADE DE JUDO

O xoves día 15 de marzo os alumnos e as alumnas de segundo curso asistiron a unha actividade de judo no Pavillón da Marisma de Redondela, organizada polo programa Xogade.
Foi unha mañá na que se familiarizaron co judo e practicárono a través de xogos. Foi xenial!

martes, 6 de marzo de 2018

VISITAMOS O COLE DO COMPAÑEIRO ÁLEX


O mércores día 28 de febrero os alumnos e as alumnas de 2ºA e 2º B foron de excursión ao cole do seu compañeiro Álex ( centro Amencer). Foi una mañá chea de experiencias inolvidables acompañados dos rapaces e rapazas do centro amencer; cociñamos magdalenas, xogamos con Abril (o can do centro), experimentamos cos sentidos...Todo isto nunha mañá chea de emocións, algún dos rapaces e rapazas opinaron sobre esta experiencia deste xeito:

Había clases moi divertidas, aprendemos moitas cousas.

Non sabía que ía ser tan divertido.

Quero volver.

miércoles, 28 de febrero de 2018

CELTA ZORKA EN REBOREDA

Este pasado xoves 22 de Febreiro viñeron ao noso cole - Ceip Santo Paio de Abaixo - a entrenadora e algunhas das xogadoras do equipo de baloncesto feminino R.C. Celta Zorka de Vigo.
Cristina(entrenadora), Patri, Anne, Minata e Paula falaron primeiro connosco e logo puxéronnos a traballar. Fixemos varios xogos de bote, tiro, ... para ao final xogar pequenos partidiños contra elas. Que palizas nos deron!

Ao rematar sortearon 2 camisetas do club e ademais regaláronnos entradas a todos para que fósemos o sábado a velas xogar. Algúns fomos, e pese a que animamos moito, non puideron gañar. Ao finalizar o partido firmáronnos as fotos que tamén nos deran o xoves.
Foi unha experiencia fantástica!
Gustounos moito traballar con elas. Pasámolo moi ben.
Ata a próxima!
Sorte na liga.
SEXTO A

miércoles, 24 de enero de 2018

OS ALUMNOS DE QUINTO VISITAN METEOGALICIA E A CIDADE DA CULTURA

O día 17 de xaneiro de 2018 fomos de excursión a Santiago. Ao chegar ao colexio había un autobús agardándonos para levarnos a Meteogalicia. Xa alí, nada máis chegar, merendamos e falamos. Ao acabar soltamos un globo sonda e, xusto despois, vimos ao noso guía que explicou un pouco que é o clima?, que é a metereoloxía? e máis preguntas relacionadas. Cando acabou, o guía levaounos xunto dun traballador que explicounos máis datos sobre o globo sonda e coma funcionaban e se usaban os aparellos metereolóxicos. Ao acabar collemos o bus que nos estaba esperando e fomos a Cidade da Cultura. Estivemos xogando antes de comer e despois da comida seguimos xogando ata a hora da visita. Despois de comer subímonos a unha cuberta que tiña un "tobogán" onde Miguel rompeu o pantalón. Cambiamos ao parque con forma de balea. Alí houbo moitos "accidentes" e caídas moi graciosas. Logo fomos a visita guiada a Cidade da Cultura onde nos explicaron cousas sobre o deseño da mesma. O que máis nos sorprendeu e que nos levaron a uns túneis subterráneos que estaban feitos para que foran os camións a descargar as súas mercadorías. Ao saír recollemos as nosas mochilas e cada un comprou unha cousa.
Brais 5º B


lunes, 15 de enero de 2018

ALBA E LAURA CONTACONTOS

Un ano máis os choquetes reciben a visita semanal de expertos contacontos do cole. Nesta ocasión foron Alba e Laura as que viñeron a visitarnos, cunha coñecida historia pero ao mesmo tempo orixinal. As dúas intérpretes fixeron una divertida adaptación do conto da toupiña que quería saber que lle fixera aquilo na cabeza. Noraboa rapazas!!! Fixéstelo moi ben!!!

viernes, 12 de enero de 2018

MARÍA E PAULA CONTACONTOS POR UN DÍA

As contacontos de 5ºB, María e Paula, chegaron a nosa clase cargadiñas de historias para contarnos, unhas fábulas moi coñecidas e outras non tanto. A súa primeira sesión de narradoras estivo moi ben. Noraboa! Esperamos vervos moi pronto contándonos novas historias!

miércoles, 10 de enero de 2018

VISITA A ESCOLA HÍPICA DA MURALLA

Os pequesreboreda fixeron a primeira visita deste curso. Como estaban traballando os animais da contorna, neste trimestre, tiveron unha gran idea, visitar a escola de hípica: “A Muralla”, que está moi pretiño da escola. Alí subiron nos cabalos, visitaron as cuadras, descubriron cousas da súa fisonomía, dos seus hábitos,… ata puideron ver como lles cambiaban as ferraduras das pezuñas. Unha mañá moi intensa!